é unha plataforma dos concellos de Santiago, Ames e Teo que achega información sobre os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego.
Permite coñecer de maneira rápida e práctica a oferta existente, localizala e valorala. Deste xeito contribuímos a darlle visibilidade e un valor engadido a quen ten a nosa lingua en conta.
Por iso, cando vexas este símbolo , mostrará o tanto por cen da presenza do galego na empresa tendo en conta diferentes factores: atención á clientela, imaxe corporativa, lingua de traballo, documentación e recursos...
é un recoñecemento á calidade na atención.
Existen moitas razóns para ser unha
Para ofrecer un servizo de maior calidade que presta atención aos detalles.
Porque recibir a atención en galego é un dereito das persoas consumidoras.
Porque etiquetar e rotular en galego é o coherente coa lingua que usamos maioritariamente.
Porque a clientela busca a autenticidade.
Para reflectir a nosa orixe e personalidade con orgullo.
Porque a proximidade e compromiso coa nosa cultura tamén son un xeito de distinguirnos.
Porque nos abre novas oportunidades de negocio.
Porque favorece a comunicación e a colaboración co próximo.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A) A todas as empresas con domicilio social ou sede nos concellos de Santiago, Ames e Teo.
B) A outras empresas que traballan na área de Compostela*
*Estas empresas non contarán coa validación do diagnóstico lingüístico.
A REALIDADE NA ÁREA DE COMPOSTELA
Lingua de comunicación habitual
Presenza do galego
Unha lingua que practicamente a totalidade ten a capacidade de entender, falar, ler e, en menor medida, escribir.