
Queres aumentar a visibilidade do teu negocio?
Buscas achegarlles maior valor aos teus produtos e servizos?
Gustaríache mellorar a confianza coa clientela mediante a proximidade?
Interésache atopar novos nichos de mercado?
Pois súmate a
O directorio de empresas en galego pon en contacto o público, os teus clientes potenciais, coas empresas comprometidas cunha atención próxima e diferencial. A información do teu negocio que desexes compartir estará accesible dun xeito atractivo e aberto a través da plataforma e tamén te poderás beneficiar das campañas e promocións que se leven a cabo.
COMO TES QUE FACER PARA SER UNHA ?
Cando cobres o formulario coa información do teu negocio e achegas os datos sobre as prácticas de uso da lingua, #galegoempresas xa fai visible a túa empresa na web. Posteriormente, o equipo de #galegoempresas contrasta por diferentes medios os datos do diagnóstico e axusta a valoración para que a puntuación obtida sexa fiable. Ademais, as persoas usuarias que buscan a calidade do teu servizo achegan tamén a súa valoración tendo en conta a atención oral, escrita e telefónica.
PASOS PARA SERES UNHA
- Accede ao AUTODIAGNÓSTICO e cubre o formulario.
- O equipo de
revisará que todo estea correctamente cuberto e validará a ficha de empresa.
- A persoa representante da empresa recibirá un correo electrónico co acceso á súa ficha de empresa.
- A empresa debe completar toda a información que queira compartir coas persoas usuarias da web (horarios de apertura, imaxes do establecemento, redes sociais...)
- Parabéns, xa es unha
Desde este momento poderás acceder todas as veces que o consideres necesario para manter a túa ficha de empresa actualizada.