AVISO LEGAL

Os dereitos de propiedade intelectual do portal www.galegoempresas.santiagodecompostela.gal e dos elementos nel incluídos son da titulariedade do Concello de Santiago de Compostela, do Concello de Ames e do Concello de Teo, que se reservan a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal e os prexuízos que se ocasionen aos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello de Santiago de Compostela, do Concello de Ames e do Concello de Teo, darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lles correspondan a estas Administracións e, se é o caso, ás responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos e é facilitado polos propios usuarios ou usuarias e empresas que aparecen nela. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o Concello de Santiago, o Concello de Ames e o Concello de Teo non garanten a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado.

O Concello de Santiago de Compostela, o Concello de Ames e o Concello de Teo non se fan responsables dos danos ou perdas que puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal como o uso que poida facerse da información contida nel son da exclusiva responsabilidade da persoa usuaria.

Os concellos de Santiago, Ames e Teo non asumen ningunha responsabilidade derivada dos contidos de terceiros a que conduzan as ligazóns incluídas no portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas lles pertencen aos seus respectivos/as autores/as e propietarios/as. Por pedimento de calquera deles/as, os enlaces serán retirados de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e ao resto da normativa de aplicación.