
Horario
Luns a venres de 8:00 - 14:00Servizos
Etnografía, xestión cultural, comunicación e produción de contidosDescrición
MAOS Innovación Social é o produto dunha idea, dunha ilusión, que alá polo ano 2014 se transforma en realidade. Esta idea inicial remoeu en nós e nós nela, como un vira-vira dialéctico, e foi converténdose no que somos hoxe:
Unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, onde as persoas que a integramos opinamos, decidimos, argallamos…. onde traballamos por sermos iguais e diferentes e achegamos o noso coñecemento e experiencia propios para un proxecto común. E todo isto facémolo como cooperativa porque acreditamos no poder transformador da economía social desde a defensa de valores como a transparencia, a igualdade, a honestidade, a responsabilidade… En 2019 adherímonos ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia.
Desenvolvemos o noso labor no ámbito cultural, fundamentalmente nos campos da Etnografía, a Xestión Cultural e a Comunicación.
Facemos o que nos gusta e en moi boa compañía, na de todas as persoas que fomos coñecendo ao longo destes anos e na de todas as entidades coas que tivemos e temos a oportunidade de colaborar.
Fotos
