#galegoempresas é unha plataforma dos concellos de Santiago, Ames e Teo que achega información sobre os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego.

Permite coñecer de maneira rápida e práctica a oferta existente, localizala e valorala. Deste xeito contribuímos a darlle visibilidade e un valor engadido a quen ten a nosa lingua en conta.

Por iso, cando vexas este símbolo , mostrará o tanto por cen da presenza do galego na empresa tendo en conta diferentes factores: atención á clientela, imaxe corporativa, lingua de traballo, documentación e recursos...

#galegoempresas é un recoñecemento á calidade na atención.

Existen moitas razóns para ser unha #galegoempresa:

1

Para ofrecer un servizo de maior calidade que presta atención aos detalles.

2

Porque recibir a atención en galego é un dereito das persoas consumidoras.

3

Porque etiquetar e rotular en galego é o coherente coa lingua que usamos maioritariamente.

4

Porque a clientela busca a autenticidade.

5

Para reflectir a nosa orixe e personalidade con orgullo.

6

Porque a proximidade e compromiso coa nosa cultura tamén son un xeito de distinguirnos.

7

Porque nos abre novas oportunidades de negocio.

8

Porque favorece a comunicación e a colaboración co próximo.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A) A todas as empresas con domicilio social ou sede nos concellos de Santiago, Ames e Teo.

B) A outras empresas que traballan na área de Compostela*

*Estas empresas non contarán coa validación do diagnóstico lingüístico.

A REALIDADE NA ÁREA DE COMPOSTELA

Os datos recadados demostran que a lingua de comunicación na maioría da poboación da área de Compostela é o galego.

"A maioría da veciñanza compostelá considera que debería aumentar a presenza do galego no comercio".

Unha lingua que practicamente a totalidade ten a capacidade de entender, falar, ler e, en menor medida, escribir.

Entenden o galego
Falan o galego
Pode ler
Sabe escribilo