Avenida Rodríguez de Viguri, 6, 1º, 15703 - Santiago de Compostela, A Coruña
Atención oral
Promedio: 5 (6 votes)
Atención escrita
Promedio: 5 (5 votes)
Atención telefónica
Promedio: 5 (6 votes)

Horario

Luns a venres de 8:00 - 14:00

Servizos

Etnografía, xestión cultural, comunicación e produción de contidos
 

Descrición

MAOS Innovación Social é o produto dunha idea, dunha ilusión, que alá polo ano 2014 se transforma en realidade. Esta idea inicial remoeu en nós e nós nela, como un vira-vira dialéctico, e foi converténdose no que somos hoxe:

Unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, onde as persoas que a integramos opinamos, decidimos, argallamos…. onde traballamos por sermos iguais e diferentes e achegamos o noso coñecemento e experiencia propios para un proxecto común. E todo isto facémolo como cooperativa porque acreditamos no poder transformador da economía social desde a defensa de valores como a transparencia, a igualdade, a honestidade, a responsabilidade… En 2019 adherímonos ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia.

Desenvolvemos o noso labor no ámbito cultural, fundamentalmente nos campos da Etnografía, a Xestión Cultural e a Comunicación.

Facemos o que nos gusta e en moi boa compañía, na de todas as persoas que fomos coñecendo ao longo destes anos e na de todas as entidades coas que tivemos e temos a oportunidade de colaborar.

Fotos

Imaxe da empresa  100%
Relación coa clientela  100%
Relacións internas  100%
Documentación e recursos  100%
Comunicación externa  100%
Política de atención á clientela  100%
Política da lingua de traballo  100%