mokasin

Queres aumentar a visibilidade do teu negocio? 

Buscas achegarlles maior valor aos teus produtos e servizos?

Gustaríache mellorar a confianza coa clientela mediante a proximidade?

Interésache atopar novos nichos de mercado?

Pois súmate a #galegoempresas.

O directorio de empresas en galego pon en contacto o público, os teus clientes potenciais, coas empresas comprometidas cunha atención próxima e diferencial. A información do teu negocio que desexes compartir estará accesible dun xeito atractivo e aberto a través da plataforma e tamén te poderás beneficiar das campañas e promocións que se leven a cabo.

COMO TES QUE FACER PARA SER UNHA #galegoempresa?

Cando cobres o formulario coa información do teu negocio e achegas os datos sobre as prácticas de uso da lingua, #galegoempresas xa fai visible a túa empresa na web. Posteriormente, o equipo de #galegoempresas contrasta por diferentes medios os datos do diagnóstico e axusta a valoración para que a puntuación obtida sexa fiable. Ademais, as persoas usuarias que buscan a calidade do teu servizo achegan tamén a súa valoración tendo en conta a atención oral, escrita e telefónica.

PASOS PARA SERES UNHA #galegoempresa:

  1. Accede ao AUTODIAGNÓSTICO e cubre o formulario.
  2. O equipo de #galegoempresas revisará que todo estea correctamente cuberto e validará a ficha de empresa.
  3. A persoa representante da empresa recibirá un correo electrónico co acceso á súa ficha de empresa.
  4. A empresa debe completar toda a información que queira compartir coas persoas usuarias da web (horarios de apertura, imaxes do establecemento, redes sociais...)
  5. Parabéns, xa es unha #galegoempresa!! Desde este momento poderás acceder todas as veces que o consideres necesario para manter a túa ficha de empresa actualizada.